OU27112 Amador Lorenzo

3.00

“Pasar polos lugares comúns de incógnito, fuxindo dos camiños trillados para inventar un novo camiño cos propios pasos, implica unha certa clandestinidade social. O camiñante é un home do intersticio e do intervalo, do que hai entre as cousas, porque ao tomar as rutas secundarias está na ambivalencia de estar ao mesmo tempo dentro e fóra, aquí e alí…” A escrita de David Le Breton encarna ben o espíritu co que foi esta publicación de Amador Lorenzo.

Amador Lorenzo concibe o acto fotográfico como un acontecemento ao que hai que acudir ao seu encontro. É unha fotografía de búsqueda – no biográfico e no estilístico- que atopa na mesma experiencia co real o seu espazo de definición. A natureza das imaxes deste autor depende desa condición de posibilidade que produce o intervalo da acción entre unha toma e outra. A fotografía é así unha imaxe do exterior que se torna relato interior, pausa, contemplación. Como explica Alexandra Pacheco no texto que acompaña á publicación, “nesa sorte de fuxida confírmase unha idea universal e eterna: calquera pode precisar dun refuxio lonxe da furia e do ruído”.

Edición de 200 exemplares

SKU: OU27112 Categoría:

Descripción

2024

EditorX. Lois Gutiérrez Faílde

Deseño: X. Lois Gutiérrez Faílde

PreimpresiónCarlos Villarabid

ImprentaGalicia 1932

Tipo de papel: Recytal Electa 100 gr

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “OU27112 Amador Lorenzo”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *