AS LONGAS
Lois Cid
“As Longas” é unha antigua fábrica de ladrillos da zona de Xunqueira de Espadanedo (Ourense), que cesou a súa actividade nos anos noventa. Nas súas marxes exténdese un campo repleto de fragmentos de ladrillos; parte de unha morea onde se acumulaban os fallos de producción. Estes ladrillos emerxen agora sobre a herba rasa da que se alimentan unha vintena de vacas leiteiras da zona. Activalos, amoreaándoos para potenciar a súa fraxilidade e a súa inestabilidade, convírtese nun último xesto que os faga salir do xacimento onde descansan.”
FRICCIÓNS
Ariadna Silva Fernández
“Friccións” xurde no tempo convocado na efeméride do desastre do Prestige no pasado 2022; o evento a partir do que Ariadna Silva Fernández (A Estrada, 1996) constrúe este ensaio visual onde pulsa a memoria dun acontecimento sen huella nen marca biográfica algunha.
CICATRIZ NO TEMPO
Jacobo Maneiro
A arrebatadora pulsión de imaxe de Jacobo Ameneiro (A Coruña, 1983) conformou en “Cicatriz no Tempo” unha acción extraordinaria: nas ruínas da casa familiar en construción decide proxectar, entre a recreación e o ensalmo, vistas do seu propio arquivo familiar. Neste xesto performativo, arrisca a condición de obxecto para a memoria destas fotografías pero consegue que emerxa un novo imaxinario, que nunha sorte de tradición electiva, lle dá un novo corpo non só a ruína física do fogar familiar, senón á trepidante desaparición dese tempo da comunidade que se esvae coa mesma velocidade que se multiplican as ausencias.