ÁNIMA
Ruth Montiel Arias
“Ánima” é un proxecto visual que propón unha analogía entre a tradición do sacrificio do porco e o seu paralelismo coa crenza mitolóxica da ‘Santa Compaña’. A través deste traballo, Ruth Montiel Arias (Palmeira, A Coruña, 1977) propón un encontro entre a superstición e o costume galego para trazar un novo imaxinario onde sexa posible unha nova relación do folclore cun humanismo non antropocéntrico.
O DESENGANO
Julián Barón
Nesta publicación de Julián Barón (Castelló,1978) recupérase unha serie fotográfica realizada nas costas de Galicia durante o desastre do petroleiro Prestige no 2002, fai xa vinte anos. Son imaxes que invocan as forzas e condicións nas que se ven desenvolvendo o discurso fotográfico de Julián Barón e que levan á súa propia linguaxe a un espacio de formalización inédito, máis alá da memoria, como suxeito histórico particular; e da propia natureza;,como conxunto de crenzas e convencións onde interpretar o real.