Amador Lorenzo
“Pasar polos lugares comúns de incógnito, fuxindo dos camiños trillados para inventar un novo camiño cos propios pasos, implica unha certa clandestinidade social. O camiñante é un home do intersticio e do intervalo, do que hai entre as cousas, porque ao tomar as rutas secundarias está na ambivalencia de estar ao mesmo tempo dentro e fóra, aquí e alí…” A escrita de David Le Breton encarna ben o espíritu co que foi concebido esta publicación de Amador Lorenzo.
Amador Lorenzo concibe o acto fotográfico como un acontecemento ao que hai que acudir ao seu encontro. É unha fotografía de búsqueda – no biográfico e no estilístico- que atopa na mesma experiencia co real o seu espazo de definición. A natureza das imaxes deste autor depende desa condición de posibilidade que produce o intervalo da acción entre unha toma e outra. A fotografía é así unha imaxe do exterior que se torna relato interior, pausa, contemplación. Como explica Alexandra Pacheco no texto que acompaña á publicación, “nesa sorte de fuxida confírmase unha idea universal e eterna: calquera pode precisar dun refuxio lonxe da furia e do ruído”.