MAN.

CADELA NEGRA (Lois Cid & Antonio Cortés)

«MAN.» é, máis que nada, un libro de iniciación sobre a figura de Manfred Gnädinger, un ensalmo mesto e vibrante da pegada deste creador total na mirada e no corpo do colectivo «Cadela Negra» formado por Lois Cid e Antonio Cortés. Nestes dous últimos anos estes dous autores viaxaron con frecuencia a Camelle (Costa da Morte, Galicia) coa tentativa de compoñer o rastro visual do «Alemán de Camelle». Cumpríanse vinte anos da súa morte cando os autores desde libro fotografaban os seus cadernos, as rochas pintadas, os trazos do seu caminar, o xardín do peirao, o mar; o seu mar.

As imaxes deste libro compoñen un friso arredor da experiencia co territorio e a memoria de Man. Ben como fórmulas de invocación, relatos elexíacos ou probas forenses arredor da figura e da obra aquel artista inefable, este libro convócanos no seu misterio e no magnético relato da súa definición.

«MAN.» é a obra gañadora do III Premio Editorial de Fotografía Documental Galega organizado por FFoco Festival da Fotografía da Coruña, patrocinador integral desta publicación, co objetivo de fomentar a creación e produción de fotolibros con vinculación galega.